Verxel de Coiro

file://localhost/Users/mmmm/Desktop/fotos%20cris%20verxel/vista_huerta.jpgVerxel de Coiro é unha horta de confianza que iniciou a sua actividade en abril de 2014 en Coiro (Cangas). Naceu como un proxecto agroecolóxico a percura dun modo de vida digno, con compromiso ético, de responsabilidade compartida entre productor@s e consumidor@s e respecto polos recursos naturais.

A orixe do nome xurdiu das peculiaridades do lugar onde se ubica. Ven sendo un “locus amoenus” ou lugar privilexiado onde aniñan e habitan multitude de paxaros no bosque de ribeira por onde discurre o río pasando polos muíños. Realmente é un exemplo de paisaxe humanizada e biodiversidade. A superficie total da finca é aproximadamente 6.000m2, dos que 384 m2 están adicados a invernadoiro.

O cultivo é estrictamente natural ou agroecolóxico. Isto implica:

  • o mantemento da fertilidade natural do solo utilizando exclusivamente compost e abonos orgánicos.
  • O fomento da biodiversidade basándose no policultivo e rotación de cultivos.
  • O uso de productos naturais para control de plagas.

Os productos do Verxel teñen un selo de calidade do SPG (Sistema Participativo de Garantía) chamado A Gavela. Isto é un organismo (non oficial) que agrupa a productor@s, grupos de consumo e pequenos comercios do Sur de Pontevedra e certificarnos entre nos, que traballamos en ecolóxico.  http://spg.saramaganta.info/

OBXECTIVOS: 

  • Agroecoloxía e sustentabilidade.
  • Recuperación das variedades tradicionais locais e galegas.
  • Alimentación sana de calidade organoléptica en aromas e sabores.
  • Soberanía alimentaria.
  • Fomento da economía local baseándose nos circuitos cortos de comercialización.
  • Prezos xustos.
  • Transparencia ou acceso libre, sin restriccións as zonas de traballo.

COMPRA DOS PRODUCTOS: 

Como consumid@r se pode acceder de dúas maneiras: directamente recollendo o pedido na propia finca, ou anotándose na rede de distribución na área da comarca do Morrazo e Vigo, previo contacto.

O horario para recoller pedidos é o seguinte:

  • Horario outono-inverno :

Luns, mércores e xoves de 10:00 a 14:oo

  • Horario primavera-verán:

Luns, mércores, xoves e sábados de 10:00 a 14:00.

E mércores de 18:00 a 20:30

Realizar os pedidos con un dia de antelación.

Pódese ver a lista de produtos disponibles cada semana na páxina web ou contactando por WhastsApp ou correo electrónico.

 

CLIENTES:

    • Grupos de consumo de Cangas e Moaña.
    • Particulares.
    • Restaurantes.

MENDUIÑA, PANDEMILLO

    • Tendas

ÁRBORE (VIGO), MANXARICO (CANGAS)=
</ul

Evolución do Verxel dende abril de 2014 ata 2015

&nbsp