file://localhost/Users/mmmm/Desktop/fotos%20cris%20verxel/vista_huerta.jpgVerxel de Coiro é unha horta de confianza que iniciou a sua actividade en abril de 2014 en Coiro (Cangas). Naceu como un proxecto agroecolóxico a percura dun modo de vida digno, con compromiso ético, de responsabilidade compartida entre productor@s e consumidor@s e respecto polos recursos naturais.
A orixe do nome xurdiu das peculiaridades do lugar onde se ubica. Ven sendo un “locus amoenus” ou lugar privilexiado onde aniñan e habitan multitude de paxaros no bosque de ribeira por onde discurre o río pasando polos muíños. Realmente é un exemplo de paisaxe humanizada e biodiversidade. A superficie total da finca é aproximadamente 6.000m2, dos que 384 m2 están adicados a invernadoiro.
O cultivo é estrictamente natural ou agroecolóxico. Isto implica:
- o mantemento da fertilidade natural do solo utilizando exclusivamente compost e abonos orgánicos.
- O fomento da biodiversidade basándose no policultivo e rotación de cultivos.
- O uso de productos naturais para control de plagas.
Os productos do Verxel teñen un selo de calidade do SPG (Sistema Participativo de Garantía) chamado A Gavela. Isto é un organismo (non oficial) que agrupa a productor@s, grupos de consumo e pequenos comercios do Sur de Pontevedra e certificarnos entre nos, que traballamos en ecolóxico. http://spg.saramaganta.info/
OBXECTIVOS:
- Agroecoloxía e sustentabilidade.
- Recuperación das variedades tradicionais locais e galegas.
- Alimentación sana de calidade organoléptica en aromas e sabores.
- Soberanía alimentaria.
- Fomento da economía local baseándose nos circuitos cortos de comercialización.
- Prezos xustos.
- Transparencia ou acceso libre, sin restriccións as zonas de traballo.
COMPRA DOS PRODUCTOS:
Como consumid@r se pode acceder de dúas maneiras: directamente recollendo o pedido na propia finca, ou anotándose na rede de distribución na área da comarca do Morrazo e Vigo, previo contacto.
O horario para recoller pedidos é o seguinte:
- Horario outono-inverno :
Luns, mércores e xoves de 10:00 a 14:oo
- Horario primavera-verán:
Luns, mércores, xoves e sábados de 10:00 a 14:00.
E mércores de 18:00 a 20:30
Realizar os pedidos con un dia de antelación.
Pódese ver a lista de produtos disponibles cada semana na páxina web ou contactando por WhastsApp ou correo electrónico.
CLIENTES:
-
- Grupos de consumo de Cangas
- Particulares.
- Restaurantes
- Tendas